ACGB

No momento social que estamos a vivir, maniféstase máis ca nunca a necesidade de crear e reforzar as redes e os lazos entre as persoas e os colectivos, co fin de rescatar ou potenciar a forza da comunidade fronte ao individualismo.

A Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB) nace coma un aglutinador de persoas e colectivos vencellados ás identidades galega e catalá, cunha visión de esquerdas.
No século XXI, outra forma de facer as cousas é posible. A ACGB nace coma alternativa 2.0 ao asociacionismo galego en Catalunya: unha alternativa autofinanciada, autoxestionada, apartidista e con presenza na rede.
A ACGB é unha rede, un espazo de encontro, creación e acción. Un espazo, físico e virtual, onde traballar xuntos por:
  • Unha galeguidade aberta, crítica, vital e creativa en todos os ámbitos.
  • Unha consciencia e compromiso lingüístico.
  • Un compromiso coa realidade social na que vivimos, tanto a nivel galego coma catalán, dende unha visión de esquerdas.
  • A difusión e dinamización da cultura galega en Catalunya: tradicional e contemporánea, creando espazos para a literatura, pintura, teatro, música, cinema ou calquera outra manifestación cultural.
  • Dinamización de proxectos xa existentes e impulso doutros novos que propoñan os seus integrantes.