COCIDO GALEGO da ACGB

Queredes comer cocido galego da ACGB outra vez? O ano pasado pasámolo de medo, lembrades??!!

Este ano será o sábado 23 de febreiro ás 14:30 h no Ateneu Roig. Estaría ben chegar un chisco antes para coller sitio.

O prezo do xantar é de 12€ para socixs e 15€ para non socixs. 7€ para as crianzas!

Para facerse socix ou renovar a cota de 2019, aquí tedes a información: www.acgb.gal/asociate/

O menú inclúe:
Cocido + auga/viño tinto + sobremesa.

Os billetes estarán á venda no Ateneu Roig e no Ego Galego a partir do xoves 7 de febreiro ata o día 20. Hai aforo limitado!!

AVISO: se comprades o billete e finalmente non podedes vir, non hai devolución dos cartos.

Despois do cocido haberá foliada a cargo da Fía! Non hai escusa para non vir!!

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *